"I" é o novo proxecto de Arrhythmia, composto de 8 cancións e 3 videoclips.

Mestúrase dende o metal á electrónica pasando polo rap, na búsqueda dun son vangardista.

Todas as pezas gráficas e musicais do proxecto gardan fíos de unión entre sí, cunha temática marcada polo paso da pandemia por riba das mentes humanas e a loita de clases como bandeira.

Planeta alerta é o segundo sinxelo do disco en colaboración coa artista valenciana JazzWoman

Furacán é o último sinxelo do disco

"Espertei" é o sinxelo de lanzamento do traballo, un ambicioso proxecto como punto de partida de "I". A súa temática trata de visibilizar a problemática da saúde mental.

Todos os deseños do packaging e os gráficos para redes foron creados polo artista Anxo Vizcaíno. Búscase reforzar a temática das letras das cancións incidindo na idea do rexurdimento persoal e na forza interior de cada un fronte a un mundo hostil.

Foto final concerto presentación "I". Santiago de Compostela

  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

Arrhythmia 2022. Todos os dereitos reservados

Webmaster: Alberto busto